Iniciamos unha viaxe que nos levará a descubrir novas experiencias...

lunes, 18 de octubre de 2010

O Antigo Exipto. Defender o reino




Durante séculos os antigos exipcios non tiveron necesidade de crear un forte exército. Case nunca tiveron que defenderse de outros inimigos que non foran tribos cércanas.

A partir do Imperio Medio, os Hicsos de Oriente Próximo, apoderáronse do baixo Exipto. Posuían espadas curvas, arcos potentes, armaduras e carros tirados por cabalos.
Os exipcios copiaron estas armas e dedicáronse a formar soldados eficaces. O recen creado exército expulsou aos odiados Hicsos. Os prisioneiros de guerra foron obrigados a alistarse no exército ou a traballar como escravos.
Co propósito de defender as súas fronteiras, os exipcios construíron fortes de ladrillos de adobe con impresionantes torres, bordeadas de fosos.

Material autoeditado

A caída do imperio

Os conquistadores estranxeiros asaltaron o Imperio Exipcio e invadiron o país: en primeiro lugar atacaron os nubios, logo os asirios e posteriormente os persas. Alexandro Magno trasladou o seu exército para axudar aos exipcios a expulsar aos persas.

O cristianismo difundiuse polo Imperio Romano e chegou ao Antigo Exipcio.









Cleopatra
Cleopatra VII foi a última representante dos faraóns gregos e a última que aprendeu a falar exipcio. Contou co apoio dos xerais romanos Xulio César e Marco Antonio. Ao facerse co imperio romano, Augusto declarou a guerra a Antonio e Cleopatra, aos que derrotou no 31 a.C. Augusto chegou a Alexandría e esixiu a rendición de Cleopatra.

O orgullo impediu que a faraona se entregara, polo que se suicidou.



No hay comentarios:

Publicar un comentario