Iniciamos unha viaxe que nos levará a descubrir novas experiencias...

lunes, 18 de octubre de 2010

As matemáticas no Antigo Exipto



As matemáticos no Antigo Exipto constituíron a rama da ciencia que máis se desenvolveu.


Os exipcios investigaron e empregaron a aritmética centrándose nos seus usos prácticos.

Como as coñecemos (fontes históricas)

Podemos estudalas a partir do papiro Rhind que contén unha táboa de fraccións e 84 problemas que os permiten coñecer a forma de calcular deste pobo.

Observando dámonos conta de que empregaban fórmulas e métodos para cálculo de áreas, e operación aritméticas para a adición, a subtracción, a multiplicación e a división das fraccións unitarias, ademais de números compostos e primos, medidas aritméticas, xeométricas e harmónicas, e un método simple da taboa de Eratostenes e do número perfecto.

Tamén amosa como solucionar ecuacións lineais de primeira orde así como sumar series aritméticas e xeométricas.

Outros papiros matemáticos de importancia son o de Moscova (PMM), o papiro de Reisner, a táboa de madeira de Ajmim (Museo do Cairo) (AWT), e varios textos que inclúen receitas médicas.

OS NÚMEROS

No Antigo Exipto empregaban dous tipos de numeración:

1º) NÚMEROS EN XEROGLÍFICOS: Escrito en xeroglíficos, era un sistema decimal con signos distintos para 10,100 10000, … redondeando ao número máis alto.

Os xeroglíficos podían ser escritos dentro do texto, de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo.



2º) Números en hierático: escritos cun novos símbolos asociados un número. Diferenciábase do sistema xeroglífico en que os símbolos eran máis sinxelos, para poder escribir máis rápido e comezou a redor do ano 2150 a. C.


Os papiros matemáticos que nos permiten entender a escritura hierática son o de Moscova e o de Rhind.

SUMAR E RESTAR

Para os signos máis e menos empregábanse os xeroglíficos:





Si os pes sinalaban a dirección da escritura, significaban suma, si non resta.

MULTIPLICAR

A multiplicación exipcia facíase por duplicacións do multiplicando, e é coñecida como duplicación e mediación, e basease na propiedade distributiva da multiplicación. Non tiñan que aprender unha táboa, so precisaban saber sumar, aínda que era un método moito máis lento.


FRACCIÓNS

Os números racionais tamén podíanse expresar. O xeroglífico que indicaba unha fracción era unha boca e significaba a “parte”.

Para as medidas de superficie e capacidade baseáronse nas divisións de dous de ½, fraccións representadas no Ollo de Horus.



Para medir os campos empregaban unha unidade de medida coñecida por setat:








http://es.wikipedia.org/wiki/Matem%C3%A1ticas_en_el_Antiguo_Egipto

Nerea Valle, 5ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario