Iniciamos unha viaxe que nos levará a descubrir novas experiencias...

lunes, 18 de octubre de 2010

A serpe de cascabel



A serpe de cascabel é a máis longa e velenosa das que viven en Norteamérica. Algunhas especies poden alcanzar ata 2,5 m de longo e 4,5 kg de peso, segundo a especie poden ter un corpo delgado e compacto. A súa cabeza é máis ben plana e distínguese claramente do seu corpo.

O centro do seu corpo está rodeado de escamas que están colocadas entre unhas 21 e 29 filas. O color de fondo desta familia vai de amarelento a verdoso e de vermello a pardo e inclúese o negro.

Unha fila de manchas escuras pasa polas costas e polos laterais. A súa pel con círculos amárelos, está marcada no centro por cores negros (semellantes a diamantes). Dise que un dos réptiles máis adornados .
A cola soe ter aneis máis claros e máis escuros; pola parte inferior soe ser máis clara e pode levar manchiñas.
O cascabel fórmanos uns estoxos córneos, que lle permiten emitir un son de aviso.
Viven normalmente nos secos bosques de pinos, en bosques areosos, nas zonas costeiras do sueste de Norteamérica e en toda a península de Florida.
A súa alimentación é carnívora. Aliméntase de ratas e ratos así, como de esquíos ou paxaros.
A pesar da súa forma de animal mortal e moi agresivo, ten gran aversión polos humanos, dado que so os ataca para defenderse.

As picaduras ocorren cando intentas cazalas ou matalas e son moi dolorosas.Por sorte, existe un antídoto, que actúa con eficacia, evitando a morte na maioría dos casos.
Mudan a pel varias veces ao ano. Por iso non se pode determinar a idade polo seu cascabel.



O tamaño do cascabel aumenta cada vez que muda a pel.
Posúe dúas glándulas produtoras de veleno, unha a cada lado da cara. De momento non está en perigo de extinción.


http://www.estudiantes.info/ciencias_naturales/serpiente-cascabel.htm


No hay comentarios:

Publicar un comentario