- A membrana celular ou plasmática: é a cuberta que rodea a célula e a protexe do medio exterior. Ademais, actua como un filtro, controlando todo o que entra ou sale da célula.
O núcleo: está no interior do citoplosma e ten forma redondeada. Dirixe e ordea todo o que ocorre na célula. No interior atópase unha substancia coñecida como material xenético ou ADN; que contén toda a información necesaria para que a célula funcione. O núcleo está rodeado por unha cuberta que o separa do citoplasma coñecida como membrana nuclear.
Citoplasma: ocupa a maior parte do interior da célula. É unha sustancia transparente e un pouco viscosa. Nel atópanse os orgánulos, que son os encargados de realizar as actividades necesarias para o funcionamento da célula.
Tipos de orgánulos:
As mitocondrias: nelas prodúcese a enerxía que a célula necesita para crecer e multiplicarse.
As vacuolas: son pequenos almaces onde a célula garda auga, nutrientes ou substancias que a célula elabora ou precisa eliminar.
Os ribosomas: teñen forma redondeada e son pequenas fábricas onde se producen proteínas.
Os retículos endoplasmáticos: transportan substancias dunha parte a outra da célula e almacenan as substancias que fabrican os ribosomas.
O aparato de Golgi: a el chegan productos elaborados polos retículos. No seu interior modifícanse. Intervén na produción, almaceamento e transporte de determinadas substancias.
Os lisosomas: son pequenas estructuras redondeadas que conteñen substancias químicas encargadas de realizar a dixestión de determinadas substancias.
Iniciamos unha viaxe que nos levará a descubrir novas experiencias...
Mostrando entradas con la etiqueta La célula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La célula. Mostrar todas las entradas
jueves, 16 de septiembre de 2010
Que atopamos dentro dunha célula?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

