Iniciamos unha viaxe que nos levará a descubrir novas experiencias...

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Entrevista a un cesteiro


Na miña aldea vive o señor Leoncio. Ten 102 anos e durante toda a súa vida foi o encargado de fabricar os cestos que todo o mundo empregaba. Nos vimos no tema das plantas que antes para poder ter cestos e cestas para levar as cousas (froitos, patacas…) era preciso recoller unha gran variedade de plantas, que despois de tratadas se convertirían en estupendos cestos.
Para comprobar todo o que vimos na clase, fun entrevistar ao señor Leoncio.
ENTREVISTA
- Onde se soen facer as cestas?
- Nas aldeas de Galicia.
- Quen son os encargados de facelas, os homes ou as mulleres?
- Os homes.
-En que época se facian?
- No verán.
- En que lugares se recollen as plantas para facelas?
- En lugares húmidos dos prados.
Díxome que empregaba brimes, cantas se precisan para facer unha cesta?
- Sobre 50, depende do tamaño.
-Por onde se comeza a facer un cesto?
- Pola parte de abaixo entrelazando unhas brimes coas outras.
- Canto se soe tardar en facer unha cesta?
- Entre catro e cinco horas.
- Para que se empregan?
- Para apañar cousas (castañas, patacas…)
-Hai moito tempo que deixou de facelas?
-Sobre uns dez anos.
-Só as facía vostede no pobo?
- Agora si, antigamente había máis xente que as facía, precisábanse moitos cestos e un só non daría feito.
Lorena 5º B
Material autoeditado

No hay comentarios:

Publicar un comentario